PREMIO NEIRA VILAS DE LITERATURA XUVENIL 2025
Todo apunta ao comezo dunha nova guerra entre humanos e droides nas Terras de Poñente.
Neo Vigo, a cidade dos neons e os rañaceos antigravitatorios, aínda lembra a bomba atómica que estourou sobre o estadio de Balaídos hai dez anos e que terminou coa revolta da Nai Computadora. Pero agora hai un influencer que se dedica a reavivar o odio entre os vellos bandos, á vez que apareceron mortos seis replicantes no Museo do Pobo Galego de Compostela. Seis policías que participaron nunha carreira ilegal para divertimento dos humanos, e da que pronto vai haber unha nova edición xunto á catedral de Auria, da que toda a galaxia vai estar pendente.
Este é un caso para a inspectora N4rv43z, da División de Seguridade da Fundación Omnia.

(Madrid, 1978) Médico de profesión, asentado en Galicia desde 2003, realiza un amplo labor literario que inclúe textos de xéneros moi variados. Colaborador en revistas, páxinas web, sociedades e faladoiros literarios, a súa paixón é o xénero de aventuras, en calquera das súas formas, por iso teima en escribir historias que fagan soñar, rir, pensar e evadirse do mundo.