Estás aquí:

Código: 19427

MÍSTICAS CURSO DO 34

15,50  IVE INCLUIDO

PREMIO NEIRA VILAS DE LITERATURA XUVENIL 2026

Corre o ano 1934. Clara Campoamor, a primeira deputada que fala diante do Congreso español, consegue que o sufraxio feminino entre na Constitución. Outra vitoria na loita polos dereitos da muller é de Miranda Xardín, a primeira mística que admiten na Escola de Tambo para Fillos de Breogán, unha institución tradicionalmente masculina cunha longa historia no ensino do oficio de menciñeiro, alta maxia e artes divinatorias. Cando un estudante aparece asasinado, os rapaces acusan a Miranda de invocar unha moura para cometer o crime no seu nome. Todos, menos un, Nicanor Valiente, marxinado polos seus compañeiros debido aos seus intereses fóra da norma.  Xuntos terán que resolver o misterio antes de que a moura, ou, se cadra, a misoxinia institucionalizada, acabe con eles.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 144
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 17/07/2026
Dimensións 140 x 210 mm.
Colección: Bitácora
Nº na colección: 3
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-1176-613-5
Observacións:

AUTORES/AS

Domínguez, Álvaro
álvaro

(Pontevedra, 1986) é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago e profesor de Xeografía e Historia no ensino medio. Recibiu o VII Premio Fundación Neira Vilas de Novela por Cristais rotos (2022) e foi finalista do III Premio de Teorías Queer e Crip Sonia Rescalvo Zafra polo ensaio Gai o xusto. A homofobia interiorizada do marica cis (2025).

 

As súas obras

MÍSTICAS CURSO DO 34
Misticas
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Bitácora

MÍSTICAS CURSO DO 34
Misticas
15.50€ CON IVE
Odio
9788411764728
15.50€ CON IVE
Os rapaces só se tocan para darse de hostias
Os rapaces só se tocan para darse de hostias
12.95€ CON IVE