PREMIO ROBERTO VIDAL BOLAÑO 2025
Esta peza nace inspirada nun caso real, acontecido nun instituto de Vigo en 2024. O texto fala dunha realidade que continúa a afectar os nosos adolescentes, intentando atopar as raíces sociais, psicolóxicas e culturais dun tema como o bullying ou acoso escolar. A peza recolle personaxes da vida diaria, amosando que unha persoa pode ser vítima ou agresora, dependendo das súas circunstancias, e salientando a necesidade de pertenza ao grupo ou a relación coa masculinidade.

(Iván Fernández Diéguez, Lugo, 1976) graduouse en Arte Dramática na especialidade de Dirección e Dramaturxia na ESAD, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira de Ensinanzas Artísticas Superiores en 2023. Entre outros galardóns obtivo o Premio de Textos Teatrais da Universidade de Vigo (Perante o espello) e o Premio de Lecturas Dramatizadas da SGAE (Pequeno canon dramático). Asemade, publicou dúas pezas na colección de textos teatrais de Erregueté. Revista Galega de Teatro (Sssh!, H.O.m.e.) e colabora como crítico de teatro en medios como ADE Teatro, Praza Pública, O Galiñeiro e o programa de televisión da TVG, Zig Zag Diario.