Caloto, Iván

Iván Caloto
Caloto, Iván

(Iván Fernández Diéguez, Lugo, 1976) graduouse en Arte Dramática na especialidade de Dirección e Dramaturxia na ESAD, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Carreira de Ensinanzas Artísticas Superiores en 2023. Entre outros galardóns obtivo o Premio de Textos Teatrais da Universidade de Vigo (Perante o espello) e o Premio de Lecturas Dramatizadas da SGAE (Pequeno canon dramático). Asemade, publicou dúas pezas na colección de textos teatrais de Erregueté. Revista Galega de Teatro (Sssh!, H.O.m.e.) e colabora como crítico de teatro en medios como ADE Teatro, Praza Pública, O Galiñeiro e o programa de televisión da TVG, Zig Zag Diario.

En 2025 gañou o Premio Vidal Bolaño coa obra Os rapaces só se tocan para darse de hostias.

As súas obras

Os rapaces só se tocan para darse de hostias
Os rapaces só se tocan para darse de hostias
12.95€ CON IVE