Estás aquí:

Código: 19478

Sós

11,50 € IVE INCLUIDO

IX Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño 2026

Un rapaz agóchase dun bombardeo no soto da súa casa. É o único da familia que conseguiu poñerse a salvo. Medorento e desorientado, decátase de que unha das bombas quedou sen explotar. Está só e non sabe que facer, ata que unha soldado inimiga tamén procura refuxio alí. Ela está ferida de gravidade e, se non corta a hemorraxia, pode desangrarse. O rapaz pregúntase se debería axudala ou deixala morrer. No fin de contas, quen é amigo ou inimigo nunha guerra?

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 76
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 03/11/2026
Dimensións 140 x 210 mm.
Colección: Bitácora
Nº na colección: 4
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: ´978-84-1176-648-7
Observacións:

AUTORES/AS

Labraña, Carlos
Carlos-Labraña-196x220

Carlos Labraña é un dramaturgo especializado en teatro para nenas e nenos. Neste eido acadou diferentes premios, como o Xeración Nós, o Estornela, o Manuel María e O Facho, con pezas que se len e se representan de maneira habitual nos colexios. Dentro da súa traxectoria, pódense salientar: O valo, sobre o drama dos refuxiados; Moito Morro Corporation Sociedade Ilimitada (Galaxia, 2016), comedia ácida sobre a crise económica (Premio de Teatro na Gala do Libro, 2017), O Apalpador (Galaxia, 2016), sobre o personaxe central do Nadal galego; Estrelecer (Nun mundo onde as rapazas poidan ser libres) (Galaxia, 2019), peza de misterio con reivindicación feminista (Lecturas dramatizadas da SGAE), Contra o reloxo (Galaxia 2021), que fala do tempo e da perda (Premio Martín Sarmiendo, 2023), Estrela… Fugaz? (Galaxia, 2022), sobre a identidade de xénero, e Mambrú volveu da guerra (Premio SGAE 2022), texto para a recuperación da memoria histórica democrática. En 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos, onde desenvolve tamén as súa facetas como actor e director.

No ano 2022 gañou o Premio O Facho de teatro infantil coa obra Ícaras (Galaxia) publicado en 2024, ano no que tamén publicou A biblioteca galáctica contra a IA fantástica (Galaxia). No ano seguinte, en 2025 gañou o Premio o Facho coa obra Iceberg.

As súas obras

O apalpador
O-apalpador-1
11.20€ CON IVE

COLECCIÓN

Bitácora

MÍSTICAS CURSO DO 34
Misticas
15.50€ CON IVE
Odio
9788411764728
15.50€ CON IVE
Os rapaces só se tocan para darse de hostias
Os rapaces só se tocan para darse de hostias
12.95€ CON IVE
Sós
SÓS
11.50€ CON IVE