Prego, Mónica

Mónica Prego
Prego, Mónica

naceu en Mercurín (Ordes) en 1975, onde pasou a súa infancia coa súa nai, avós e bisavós, nunha contorna sinxela, pero chea de amor. Tras graduarse en Ciencias Económicas, traballou no estranxeiro durante varios anos e, ao regresar, e seguindo a súa paixón pola cociña, comezou a compartir receitas e contidos culinarios no seu blog
Pandebroa, que compaxinaba co seu traballo. Cos anos, e tras un máster en Márketing Dixital, a divulgación de contidos culinarios acabou sendo a súa profesión.

O seu amor pola terra, os nosos costumes e tradicións, impulsárona a querer recuperar, conservar e transmitir moitas receitas tal e como as facía a súa avoa, como as viviu e da maneira máis tradicional e auténtica que sexa posible.

Podes seguila en redes en: @pandebroa.by.monikaprego

As súas obras

A carón do lume
9788411762502
22.15€ CON IVE