(Rianxo, 1979) estudou xornalismo en Santiago de Compostela. Dende entón traballa no mundo do márketing dixital. Un bo día decide que é o momento de escribir outro tipo de textos. Por iso se apunta a un taller de escritura, do que sae o libro colectivo Liñas compartidas (2019). Ese mesmo ano publica O cronista imposible. Wenceslao Fernández Flórez. A agonía das folerpas é a súa primeira novela, coa que gañou o II Premio de Novela da Galicia Rural. Tamén gañou o Certame de Microrrelatos de Vilalba (2022), o 3º premio de narrativa do Certame Literario de Ames (2021 e 2022) e o certame literario “Contos arrepiantes para tremer ao carón da lareira” (2020).