VII PREMIO DE LITERATURA INFANTIL CARLOS MOSTEIRO 2024
Nuno vive coa súa nai. Encántalle pintar e ler. Enche centos de follas cos seus debuxos, e sempre usa a mesma cor, o azul.
Un día aparece na casa un home grande e inchado coma os globos das festas. É o seu avó, que vai vivir con eles.
Nuno non sabe moi ben para que serven os avós, pero si ten curiosidade por coñecer como funciona o obxecto máxico que trae na súa equipaxe.
(Rianxo, 1979) estudou xornalismo en Santiago de Compostela. Dende entón traballa no mundo do márketing dixital. Un bo día decide que é o momento de escribir outro tipo de textos. Por iso se apunta a un taller de escritura, do que sae o libro colectivo Liñas compartidas (2019). Ese mesmo ano publica O cronista imposible. Wenceslao Fernández Flórez. A agonía das folerpas é a súa primeira novela, coa que gañou o II Premio de Novela da Galicia Rural. Tamén gañou o Certame de Microrrelatos de Vilalba (2022), o 3º premio de narrativa do Certame Literario de Ames (2021 e 2022) e o certame literario “Contos arrepiantes para tremer ao carón da lareira” (2020).