A colección, titulada Biblioteca Nós, presentada este luns, inclúe dez obras dos autores máis representativos e ilustres do colectivo que revolucionou Galicia. Estes son: O esquecido mentor de Nós, de Antonio Losada Diéguez; Teoría do nacionalismo galego e Leira, de Vicente Risco; Polos vieiros da saudade, Entre a vendima e a castañeira e O señorito da Reboraina, de Ramón Otero Pedrayo, e Vicente Risco, de Carlos Casares.
Completan a colección Co pensamento na patria, de Antón Vilar Ponte; Antífona da cantiga, de Ramón Cabanillas, e Diario 1921, de Castelao.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, remarcou a transcendencia da Xeración Nós, un dos movementos máis importantes dos últimos séculos e que marcou un antes e un despois na historia de Galicia.
Na mesma liña, o presidente de Galaxia, Antón Vidal, resaltou esta colección que contribúe desde unha dobre vertente a cubrir lagoas no ámbito literario dos textos clásicos así como a dar a coñecer aos mozos o ideario desta xeración intelectual.