Introdución de Serxio María Rodríguez Álvarez
En decembro de 1917, Vicente Risco incorporouse ás Irmandades da Fala e, ao ano seguinte, comezou a súa contribución ideolóxica coas súas colaboracións en A Nosa Terra.
En 1920 publica Teoría do nacionalismo galego, un dos textos políticos máis influentes e relevantes da Galicia do século XX, que recolle o legado galeguista que o precede e onde define a nación como un feito natural baseado na terra, a raza, a linuga, a organización social, a mentalidade e o sentimento, incluíndo Galicia entre as civilizacións atlántica e célticas.
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi unha das personalidades intelectuais máis complexas e relevantes da Xeración Nós. Autor dunha extraordinaria obra literaria, ensaística e investigadora, destacan nela títulos coma Teoría do nacionalismo galego (1920), os relatos baseados en lendas populares O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925), a novela O porco de pé (1928), o libro de viaxes Mitteleuropa (1934), a peza de teatro O bufón de El Rei (1928) e a súa novela en castelán La puerta de paja (1952).