Estás aquí:

Código: 1439

Alen. Servidume da treva

18,00  IVE INCLUIDO
Limiar de Miro Villar
Augusto Casas foi un dos autores máis prolíficos da chamada xeración do 22, do 25 ou das Vangardas. Recóllense neste volume dous dos seus poemarios máis significativos, onde presenta unha poesía debedora da escola imaxinista de Amado Carballo, que derivou cara a unha dirección sentimental e saudosista que empapa o conxunto da súa obra, do que é claro exemplo Alén (1962). Servidume da treva (1965) foi o o seu derradeiro libro, que segue as liñas xerais da súa poética, e onde o autor parece consciente dunha vontade testamentaria, porque está configurado como unha especie de “Libro dos amigos”. Manuel María cualificouno como libro melancólico e apaixonado, escrito con sinxeleza, e salienta a depuración no seu estilo e a nudez expresiva, así como o dialoxismo entre a paisaxe externa e a interior do poeta.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 184
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Nós
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-779-5
Observacións:

AUTORES/AS

Casas, Augusto
Augusto Casas

(Ourense, 1906 – Barcelona, 1973), avogado e escritor, irmán de Álvaro de las Casas, formou parte do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en revistas e xornais da época, onde destacou como comentarista das correntes de vangarda. En 1926 foi cofundador da revista ourensá Galaxia. Como escritor en galego iniciouse coa narración Muiñada de estrelas (1926) e publicou os poemarios Vento segrel (1932), Cantigas da noite moza (1950), Isa folla que vai polo río (1954), Alén (1962) e Servidume da treva (1965).

As súas obras

Alen. Servidume da treva
9788491517795
18.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Nós

Alen. Servidume da treva
9788491517795
18.00€ CON IVE
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
9788491517412
18.50€ CON IVE
Antífona da cantiga
9788491515777
18.00€ CON IVE
Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.65€ CON IVE
Diario 1921
9788491515791-1
21.20€ CON IVE
Do ermo
9788491517405
18.50€ CON IVE
Ensaios sobre Galicia
9788491517771
18.00€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.65€ CON IVE