Estás aquí:

Código: 1429

Diario 1921

20,20  IVE INCLUIDO
Francia * Bélxica * Alemaña
Na viaxe a Francia, Países Baixos e Alemaña, como pensionado da Junta para Ampliación de Estudios, Castelao descobre Europa, a súa xente, a súa sociedade, a súa arte, e déixao por escrito nun diario que non ten par nas nosas letras daquel tempo. Obra que é toda unha visión persoal do mundo das creacións estéticas, con ollos galegos, e que amosa un Castelao dono de todos os xogos do humor, onde importa moito canto di, pero é tamén digno de ser ponderado o xeito de dicilo. Nesta persoal obra, “apreixa tanto a idea, que, ás veces, abóndalle unha soa verba para fixar, dun trazo, toda a situación dun artista”, que acompaña de cento doce debuxos “que son un exercicio de síntese, no achado dos rasgos esenciais, a carón das acotacións literarias”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 440
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Nós
Nº na colección: 10
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-579-1
Observacións: Limiar de Xosé Filgueira Valverde

AUTORES/AS

Castelao, Alfonso Daniel
Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) é unha das personalidades máis ricas e fecundas do movemento galeguista. Licenciado en Medicina, abandonou moi cedo a práctica desa profesión para dedicarse ás que eran as súas verdadeiras vocacións: a arte e a reivindicación integral de Galicia. A súa actividade desenvolveuse na creación literaria, no xornalismo gráfico, na pintura, no teatro e na política. Membro destacado da Xeración Nós e home comprometido, no marco do Partido Galeguista, coa defensa da autonomía para Galicia e coa causa republicana, a súa figura alcanzou co paso do tempo unha dimensión mítica. Entre as súas obras máis importantes están Cousas, Cousas da vida, Os vellos non deben de namorarse, Os dous de sempre, Sempre en Galiza e Retrincos.

En 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra Ben de Interese Cultural.

As súas obras

Cousas da vida. Homes
homes
esgotado

COLECCIÓN

Biblioteca Nós

Alen. Servidume da treva
9788491517795
17.50€ CON IVE
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
9788491517412
17.50€ CON IVE
Antífona da cantiga
9788491515777
17.50€ CON IVE
Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.00€ CON IVE
Diario 1921
9788491515791-1
20.20€ CON IVE
Do ermo
9788491517405
17.50€ CON IVE
Ensaios sobre Galicia
9788491517771
17.50€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.20€ CON IVE