Estás aquí:

Código: 1428

Antífona da cantiga

18,00  IVE INCLUIDO
Selección de cantigas populares
En 1951, Ramón Cabanillas inaugura o camiño de Editorial Galaxia con Antífona da cantiga, que en edicións posteriores se titulou Cancioneiro popular galego (1973), selección de case novecentas cantigas populares que se trazou “atendendo á beleza do pensamento que a copla desenvolve, á novidade das verbas e á enxebreza dos xiros e modismos”, que recolle “con querenza de bo amor e xeito garimoso de horteiro, as herbiñas e rosas recendentes dos cantares”.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 190
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Nós
Nº na colección: 9
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-577-7
Observacións:

AUTORES/AS

Cabanillas, Ramón
cabanillas

Ramón Cabanillas (Fefiñáns, Cambados, 1876-Cambados, 1959) foi funcionario do Concello de Cambados e, aos trinta e catro anos, emigrou a Cuba, onde viviu ata 1915. Na Habana publicou os poemarios No desterro (1913) e Vento mareiro (1915). De volta a Galicia, foi colaborador de A Nosa Terra, converténdose na voz lírica do movemento das Irmandades da Fala. Autor de Da terra asoballada (1917) e Na noite estrelecida (1926), libro no que Cabanillas reelabora os mitos do ciclo artúrico; no 1927 publica A rosa de cen follas, poemario intimista de tema amoroso. No ano 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega e, no 1929, da Real Academia Española. Despois da súa estadía en Madrid na década de 1940, comeza unha nova etapa como poeta coa escolma de cantigas populares Antífona da Cantiga (1951), Da miña zanfona (1954) e Samos (1958), o seu último libro publicado en vida.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1976.

As súas obras

Antífona da cantiga
9788491515777
18.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Nós

Alen. Servidume da treva
9788491517795
18.00€ CON IVE
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
9788491517412
18.50€ CON IVE
Antífona da cantiga
9788491515777
18.00€ CON IVE
Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.65€ CON IVE
Diario 1921
9788491515791-1
21.20€ CON IVE
Do ermo
9788491517405
18.50€ CON IVE
Ensaios sobre Galicia
9788491517771
18.00€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.65€ CON IVE