Co pensamento na patria. Escolma de artigos

Antón Villar Ponte

Selección e introdución de Xurxo Martínez González

O autor é unha figura senlleira do xornalismo galego, legounos gran número de artigos. Este libro presenta unha escolma da súa produción; un retrato coral, onde cada texto deixa unha reflexión que, en moitos casos, seguen en voga. Coa súa lectura mergullarémonos nas inquedanzas e esperanzas da xeración Nós: política, lingua, cultura e sociedade a través duns ollos republicanos e nacionalistas. Por iso, esta obra convídanos a pensar o presente dende a experiencia do pasado, dende o pensamento de Antón Villar Ponte, intelixencia e corazón ao servizo do pobo de Galicia.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 236
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 16/11/2020
  • Colección : Biblioteca Nós
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-563-0
  • Edición :
  • Nº na colección : 6
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

Taracea marroquí 1935Eduardo Blanco Amor
Obra dramáticaÁlvaro de las Casas
Ensaios sobre GaliciaXohán Vicente Viqueira
Os camiños da vidaRamón Otero Pedrayo

Autor/a

Villar Ponte, Antón
(Viveiro, 1881 - A Coruña, 1936). Escritor, periodista e político, foi un dos principais líderes do galeguismo. Despois de estudar Farmacia estableceuse en Foz e iniciou as súas colaboracións no xornal anticaciquil Guau-guau e en periódicos liberais e republicanos. Tras emigrar á Habana, ao seu regreso promoveu a Fundación das Irmandades da Fala, das que foi elixido presidente. Dirixiu a revista A Nosa Terra e colaborou na fundación de Nós. En 1929 fundou, con Casares Quiroga, a Organización Republicana Galega Audónoma (ORGA), para en 1934 integrarse no Partido Galeguista. Publicou Entre dous abismos (1920) Almas mortas (1922), Nocturno de medo e morte (1935) e o póstumo, Pensamento e sementeira (1971), entre outros.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR