Villar Ponte, Antón

anton_villar_ponte
Villar Ponte, Antón

(Viveiro, 1881 – A Coruña, 1936). Escritor, periodista e político, foi un dos principais líderes do galeguismo. Despois de estudar Farmacia estableceuse en Foz e iniciou as súas colaboracións no xornal anticaciquil Guau-guau e en periódicos liberais e republicanos. Tras emigrar á Habana, ao seu regreso promoveu a Fundación das Irmandades da Fala, das que foi elixido presidente. Dirixiu a revista A Nosa Terra e colaborou na fundación de Nós. En 1929 fundou, con Casares Quiroga, a Organización Republicana Galega Audónoma (ORGA), para en 1934 integrarse no Partido Galeguista.

Publicou Entre dous abismos (1920) Almas mortas (1922), Nocturno de medo e morte (1935) e o póstumo, Pensamento e sementeira (1971), entre outros.

As súas obras

Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.00€ CON IVE
Tríptico Teatral
9788491517429
17.50€ CON IVE