Estás aquí:

Código: 1434

Tríptico Teatral

17,50  IVE INCLUIDO
Limiar de Inma López Silva
Na súa incansábel actividade xornalística, Antón Villar Ponte nunca deixou de fixarse no teatro como espazo artístico coa dobre función de espallar o ideario galeguista das Irmandades da Fala e como ámbito de experimentación estética desde onde modernizar a cultura galega. En 1928, a Editorial Nós inaugurou a súa colección Teatro Galego con Tríptico, que reunía as pezas: A patria do labrego (1905), Almas mortas (1922) e Entre dous abismos (estreada en 1920), e que o mesmo autor cualificaba como “documentos”, o que xustificaba a súa publicación pola vontade de amosar a evolución do teatro galego nos últimos anos a través da súa pluma. Tres pezas dun renovador do teatro galego do seu tempo

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 178
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Nós
Nº na colección: 15
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-742-9
Observacións:

AUTORES/AS

Villar Ponte, Antón
anton_villar_ponte

(Viveiro, 1881 – A Coruña, 1936). Escritor, periodista e político, foi un dos principais líderes do galeguismo. Despois de estudar Farmacia estableceuse en Foz e iniciou as súas colaboracións no xornal anticaciquil Guau-guau e en periódicos liberais e republicanos. Tras emigrar á Habana, ao seu regreso promoveu a Fundación das Irmandades da Fala, das que foi elixido presidente. Dirixiu a revista A Nosa Terra e colaborou na fundación de Nós. En 1929 fundou, con Casares Quiroga, a Organización Republicana Galega Audónoma (ORGA), para en 1934 integrarse no Partido Galeguista.

Publicou Entre dous abismos (1920) Almas mortas (1922), Nocturno de medo e morte (1935) e o póstumo, Pensamento e sementeira (1971), entre outros.

As súas obras

Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Nós

Alen. Servidume da treva
9788491517795
17.50€ CON IVE
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
9788491517412
17.50€ CON IVE
Antífona da cantiga
9788491515777
17.50€ CON IVE
Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.00€ CON IVE
Diario 1921
9788491515791-1
20.20€ CON IVE
Do ermo
9788491517405
17.50€ CON IVE
Ensaios sobre Galicia
9788491517771
17.50€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.20€ CON IVE