Estás aquí:

Código: 1432

Do ermo

17,50  IVE INCLUIDO
Antonio Noriega Varela achéganos en Do ermo á vida dos labregos en diálogo coa natureza coa intención de rescatar a esencia máis pura e sinxela desta.
A súa primeira parte, “Montañesas”, segue unha liña costumista centrada na montaña, a verdadeira protagonista. Na segunda, “Do ermo”, aproxímase ao intimismo máis puro arredor da erma soidade da paisaxe, onde recrea as cousas máis pequenas e humildes (a flor dun toxo, o fío dunha arañeira...), na chamada “poesía franciscana”, con influencias da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoaes, Guerra Junqueiro, Antero de Quental) e dos clásicos, Virxilio e Horacio, ademais de achegarse á poesía satírica, social e popular.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 206
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Biblioteca Nós
Nº na colección: 13
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-740-5
Observacións:

AUTORES/AS

Noriega Varela, Antonio
Antonio Noriega Varela

(Mondoñedo, 1869-Viveiro, 1947), coñecido como “o poeta da montaña”, e inscrito na denominada “xeración de entre séculos”, tras abandonar a carreira eclesiástica fíxose mestre e comezou a exercer en Foz, onde coñeceu o agrarismo e o movemento anticaciquil da man de Antón Villar Ponte, aínda que sempre militou nunha ideoloxía conservadora e tradicionalista. Logo pasou por outros destinos e en Trasalba trabou amizade con Otero Pedrayo, entrando en contacto coas Irmandades da Fala e a literatura portuguesa, con im-portante pegada na súa obra. En 1904 publicou o seu primeiro libro, Montañesas, ampliado en 1920 co título de Do ermo, e aumentado na edición de 1946, a xeito de recompilación da súa obra. En 1913 deu ao prelo unha escolma de cantigas populares na honra da Virxe María, A Virxe e a paisanaxe, e en 1928 Como falan os brañegos, unha colección de ditos, frases e adiviñas po-pulares. En 1927 foi nomeado membro da Real Academia Galega.

As súas obras

Do ermo
9788491517405
17.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Nós

Alen. Servidume da treva
9788491517795
17.50€ CON IVE
Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito
9788491517412
17.50€ CON IVE
Antífona da cantiga
9788491515777
17.50€ CON IVE
Co pensamento na patria. Escolma de artigos
9788491515630
23.00€ CON IVE
Diario 1921
9788491515791-1
20.20€ CON IVE
Do ermo
9788491517405
17.50€ CON IVE
Ensaios sobre Galicia
9788491517771
17.50€ CON IVE
Entre a vendima e a castañeira
9788491514824
17.20€ CON IVE