(Mondoñedo, 1869-Viveiro, 1947), coñecido como “o poeta da montaña”, e inscrito na denominada “xeración de entre séculos”, tras abandonar a carreira eclesiástica fíxose mestre e comezou a exercer en Foz, onde coñeceu o agrarismo e o movemento anticaciquil da man de Antón Villar Ponte, aínda que sempre militou nunha ideoloxía conservadora e tradicionalista. Logo pasou por outros destinos e en Trasalba trabou amizade con Otero Pedrayo, entrando en contacto coas Irmandades da Fala e a literatura portuguesa, con im-portante pegada na súa obra. En 1904 publicou o seu primeiro libro, Montañesas, ampliado en 1920 co título de Do ermo, e aumentado na edición de 1946, a xeito de recompilación da súa obra. En 1913 deu ao prelo unha escolma de cantigas populares na honra da Virxe María, A Virxe e a paisanaxe, e en 1928 Como falan os brañegos, unha colección de ditos, frases e adiviñas po-pulares. En 1927 foi nomeado membro da Real Academia Galega.