(Ourense, 1906 – Barcelona, 1973), avogado e escritor, irmán de Álvaro de las Casas, formou parte do Seminario de Estudos Galegos e colaborou en revistas e xornais da época, onde destacou como comentarista das correntes de vangarda. En 1926 foi cofundador da revista ourensá Galaxia. Como escritor en galego iniciouse coa narración Muiñada de estrelas (1926) e publicou os poemarios Vento segrel (1932), Cantigas da noite moza (1950), Isa folla que vai polo río (1954), Alén (1962) e Servidume da treva (1965).