O esquecido mentor de Nós. Escolma de textos, 1900-1929

Antonio Losada Diéguez

Selección e introdución de Justo Beramendi

Na obra, recóllense cincuenta e un escritos de Antonio Losada Diéguez, datados entre 1900 e 1929, quen, para Xoaquín Lorenzo, “foi a semente da xeración Nós”. Nesta escolma ofrécese un amplo abano da súa dispersa produción, con textos de carácter político, cultural, social e literario que permiten un achegamento imprescindible á figura dun dos esquecidos ideólogos do grupo Nós.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 240
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 16/11/2020
  • Colección : Biblioteca Nós
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-484-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 4
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-228Grial 228 VV.AA.
9788491515791Diario 1921Castelao

Autor/a

????????????????????????????

Losada Diéguez, Antonio
(Boborás, 1884 - Pontevedra, 1929), licenciado en Dereito e doutor en filosofía e Letras, foi profesor auxiliar de Cotarelo Valledor na Universidade de Santiago de Compostela e logo de instituto en Ourense e Pontevedra. En 1917 ingresou nas Irmandades da Fala e colaborou en El Estradense, O Tío Marcos da Portela e A Nosa Terra. Redactou o "Manifesto do Partido Nazonalista Galego" (1919), foi un dos impulsores da revista Nós e dos fundadores da revista Alborada, precursos do Seminario de Estudos Galegos e académico correspondente da Real Academia Galega. Escribiu poesía, teatro e contos, así como artigos de tema variado, destacando os de carácter político.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR