Losada Diéguez, Antonio

anton_losada_dieguez
Losada Diéguez, Antonio

(Boborás, 1884 – Pontevedra, 1929), licenciado en Dereito e doutor en filosofía e Letras, foi profesor auxiliar de Cotarelo Valledor na Universidade de Santiago de Compostela e logo de instituto en Ourense e Pontevedra. En 1917 ingresou nas Irmandades da Fala e colaborou en El Estradense, O Tío Marcos da Portela e A Nosa Terra. Redactou o Manifesto do Partido Nazonalista Galego (1919), foi un dos impulsores da revista Nós e dos fundadores da revista Alborada, precursos do Seminario de Estudos Galegos e académico correspondente da Real Academia Galega. Escribiu poesía, teatro e contos, así como artigos de tema variado, destacando os de carácter político.

As súas obras

O esquecido mentor de Nós. Escolma de textos, 1900-1929
9788491514848
23.00€ CON IVE