Un monllo de receitas que nos trasladan a outro tempo
Publicado na colección Cociña, A carón do lume ofrece un monllo de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas. Esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas. Este libro, inaugurado cun limiar do […]
Presentación de “Soldados forzosos”, en Vigo
O xoves 29 de xullo, celebrarase, ás 19 h, a presentación de Soldados forzosos. A memoria esquecida da Guerra Civil Española, de Francisco J. Leira-Castiñeira, na Casa do Libro de Vigo. Acompañando o autor, estarán Pilar Mera Costas, Profesora de UNED Madrid, e Carlos Lema, director de edicións de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, […]
Presentación de “H2… Oh!!! Pingas científicas”, na Coruña
O venres 16 de xullo, celebrarase, ás 19 h, na Sala Leonardo da Vinci, da Domus da Coruña, a presentación de H2… Oh!!! Pingas científicas, de María Canosa, ilustrado por Luz Beloso. Acompañando a autora, estarán Patricia Barciela, directora da Domus, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O novo traballo de María Canosa é un libro singular, […]
Presentáronse as “Cantigas de Santa María” co gallo do 800 aniversario de Afonso X
Hoxe, celebrouse, ás 12 h, no Pazo de San Roque, unha rolda de prensa de presentación do libro Cantigas de Santa María, de Afonso X. No acto estiveron, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, as medievalistas Pilar Lorenzo e Mercedes Brea, Armando Requeixo, director da Casa-Museo Álvaro Cunqueiro, e Francisco Castro, […]
Edgar Costas Sanmartín gaña o IV Premio Roberto Vidal Bolaño 2021
A obra gañadora do IV Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2021 é CASA DE FERAS. Hoxe, 25 de xuño, ás 19 h, celebrouse, no Concello de Porriño, a entrega do Premio Roberto Vidal Bolaño de Teatro 2021. O gañador Edgar Costas Sanmartín, recolleu o galardón nun acto no que interviron Raquel Castro (IES Ribeira do […]
Presentación de “Diario dun mestre na pandemia”, no Club Faro de Vigo
O día 12 de abril, ás 20 h, celebrarase, no Salón de Actos do MARCO de Vigo, unha charla-coloquio arredor do libro Diario dun mestre na pandemia, de Santi Domínguez, organizada polo Club Faro de Vigo. Presentarase o libro nunha conversa entre o autor e o escritor Antonio García Teijeiro, moderada por Francisco Castro, director […]
A Fundación Penzol recibe o Premio da Cultura Galega 2020
Foi galardoada na categoría de Patrimonio Cultural. Un recoñecemento que pon en valor a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección da construcción cultural de Galicia. Onte, celebrouse unha gala no Gaiás da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na que Manuel Puga Pereira, presidente da Fundación Penzol, proclamou a […]
Libros para unhas vacacións de lectura
A Editorial Galaxia publica novidades para todos os públicos. Que mellor maneira para pasar esta Semana Santa que gozando das mellores lecturas? Estes días están chegando ás librarías de toda Galicia algunhas das novidades máis esperadas. Velaquí algunhas das nosas recomendacións: O libro inédito NON TE AMOLA!, de Xela Arias, ilustrado por Luz Beloso. Un libro […]