No pasamento de Xosé Ramón Barreiro

Esta madrugada faleceu o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández. Figura fundamental da cultura galega, foi presidente da Real Academia Galega, de 2001 a 2010, e autor de numerosas obras, tanto ensaios especializados como libros de divulgación. Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico na Universidade Gregoriana de Roma. Doutorouse en Historia na Universidade de Santiago de […]

Comeza a segunda edición da Escola de Letras

Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, volve a abrir as súas portas ao alumnado este luns de xeito telemático. Baixo a premisa de “todos temos unha historia que contar“, inaugura o comezo da Escola a escritora Inma López Silva co seu Obradoiro Literario, previsto […]

“Fiz Vergara Vilariño. Fotobiografía”, un libro de Yago Rodríguez Yáñez

Xa está dispoñible en todas as librerías a fotobiografía de Fiz Vergara Vilariño, editada por Yago Rodríguez Yáñez. Unha obra que mestura vida, literatura e a cronobiografía do autor de Lóuzara Xabreira. Este libro pretende ofrecer, a través da unidade que conforman as visións fotográfica, pictórica e escrita, unha breve achega ás circunstancias biográficas e literarias que […]

Coloquio: “Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?”, en Vigo

O día 13 de xaneiro, ás 20:00 h, celebrarase, no Salón de actos do MARCO, unha charla-coloquio, organizada polo Club Faro de Vigo, cos escritores Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Arantza Portabales, moderados por Tamara Novoa, directora e editora de A Movida de Vigo: “Estamos diante da idade de ouro da novela […]

60 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Memorias dun neno labrego, a obra mestra de Xosé Neira Vilas, cumpriu 60 anos desde a súa publicación en Bos Aires e consolidouse como un clásico universal, ademais dun dos libros máis lidos e traducidos da historia literaria galega. Para celebrar o aniversario, a Cidade da Cultura acolleu onte un acto conmemorativo sobre a figura do […]

Hoxe cúmprense 60 anos da publicación de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

“Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre” Así é como comeza Memorias dun neno labrego, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea, autoría de Xosé Neira Vilas. Hoxe, cúmprense 60 anos da súa publicación. O autor plasmou neste libro o sentir de Balbino, un rapaz de aldea que emprega o […]

Hai moito que agasallar este día de Reis

Achégase o día de Reis, unha festividade na que compartir e agasallar son verbos protagonistas. Hai moitas opcións e moi variadas para transmitir o noso agarimo aos nosos seres queridos. Que mellor maneira de facelo que agasallando libros? Portas máxicas que fan que viaxemos e conectemos con outras persoas, tempos e sentimentos. Velaquí algunhas recomendacións: […]

Intervención de Antón Vidal Andión na presentación da Colección “Biblioteca Nós”

Velaquí a intervención de Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia, o día que se presentou, en Ourense, a nova colección de Editorial Galaxia: Biblioteca Nós. Unha selección que recolle dez obras dos autores máis senlleiros deste colectivo que revolucionou a Galicia do seu tempo: “Boas tardes Sr. Conselleiro; Sr. Secretario Xeral; Sra. Directora da […]