Galaxia e a Xunta lanzan a colección “Biblioteca Nós”

A editorial Galaxia e a Xunta presentaron o 28 de decembro, en Ourense, unha colección con dez libros dos autores máis representativos da Xeración Nós, un movemento cultural e político que conferiu á cultura galega un gran protagonismo, e cuxa reedición coincide co centenario da revista Nós. A colección, titulada Biblioteca Nós, presentada este luns, inclúe dez […]

Discurso de Berta Dávila na entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol 2020

Velaquí o discurso de Berta Dávila, gañadora do Premio de Narrativa Breve Repsol con Illa Decepción, o día que se celebrou o acto de entrega do premio, 17 de decembro, en Santiago de Compostela: “No verán de 2019, nun rastro de obxectos de segunda man, no Cours Julien de Marsella, atopei unha caixa de postais […]

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos o mellor para este 2021

Dende a Editorial Galaxia desexámosvos o mellor para este 2021. Esperamos que sexa un ano cheo de retos cumpridos, saúde e moita lectura. Brindamos por outros 70 anos ao voso carón. Grazas por acompañarnos nesta travesía das letras. #70anosconnós

“Unha estrela para Amina”, no Festival do Libro Ilustrado Baba Kamo

A ilustración de Kristina Sabaite, creada para o libro Unha estrela para Amina, Premio ‘O Facho de Teatro Infantil 2019’, de Celia Díaz Núñez, foi seleccionada para formar parte da exposición do Festival do Libro Ilustrado Baba Kamo, en Valencia. A ilustración foi seleccionada por un xurado formado por Diego Areso, deseñador e director de arte […]

Xosé Manoel Núñez Seixas gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020

A obra De imperios e danzas: poéticas da pluralidade territorial no fascismo español (1930-1975), de Xosé M. Núñez Seixas, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia co patrocinio de Caixa Rural Galega. A xuntanza do xurado realizouse […]

Xa se pode escoitar, de balde, a música de “Lingua guapa” en todas as plataformas

A música de Lingua guapa. Cantos que contan xa se pode escoitar en todas as plataformas dixitais. Pertencente á colección Sonárbore, é un libro-disco, con textos de Fina Casalderrey, musicado por Néstor Blanco e enriquecido coas cores de Lucía Cobo, a ilustradora. Un agasallo de luxo para este nadal. Está dispoñible en Spotify, Itunes, Youtube… que […]

Presentación de “Mar de mazá”, en Vigo

O día 18 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na Sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación do álbum Mar de mazá, de Elvira Ribeiro Tobío, ilustrado por Begoña G. Arce. Acompañando as autoras, asistirá Silvia Penas, poeta e performer, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é reducido, recoméndase […]

Entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol 2020

O día 17 de decembro, ás 19 h, celebrarase o acto de entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol 2020 a Berta Dávila, no salón de actos do edificio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela. Acompañando a autora, asistirá o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, o videpresidente […]