Presentación de “Mar de mazá”, en Vigo

Categoría: Evento

O día 18 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na Sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación do álbum Mar de mazá, de Elvira Ribeiro Tobío, ilustrado por Begoña G. Arce.
Acompañando as autoras, asistirá Silvia Penas, poeta e performer, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Como o aforo é reducido, recoméndase confirmar asistencia no correo electrónico:
galaxia@editorialgalaxia.gal
O acto contará con todas as medidas de seguridade.
Mar de mazá é un álbum ilustrado diferente, cheo de cor e encanto que nace do talento de Elvira Ribeiro Tobío, á escrita, e da creatividade de Begoña G. Arce, coas ilustracións.
Unha explosión de sensacións. Unha lectura fundamental para a cativada.⁣
Elvira Ribeiro Tobío (Pontevedra, 1971). Para público adulto deu ao prelo Andar ao leu (2005), Arxiloxa (2005), Biografía da multitude (2009), carnia haikai (2012), corpos transitivos (2013) eWelcome to Sing Sing (2017). No ámbito da literatura infantil, publicou os volumes pAlAbrAs brAncAs (2008), As redes de Inés (2014), a biografía da pintora Maruja Mallo no volume colección Mulleres bravas da nosa historia (2017) e mais o álbum ilustrado Ola!, son un bicho bóla! (2019). Dedícase fundamentalmente á docencia e á tradución.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email