Coloquio: “Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?”, en Vigo

Categoría: Evento

O día 13 de xaneiro, ás 20:00 h, celebrarase, no Salón de actos do MARCO, unha charla-coloquio, organizada polo Club Faro de Vigo, cos escritores Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, e Arantza Portabales, moderados por Tamara Novoa, directora e editora de A Movida de Vigo: “Estamos diante da idade de ouro da novela negra en Galicia?”.
Aforo restrinxido a 34 persoas polas normas anti-covid.
Arantza Portabales (San Sebastián, 1973) e Francisco Castro (Vigo, 1966) son dous representantes senlleiros dunha fornada de autoras e autores que fan do xénero negro o seu músculo narrativo máis vigoroso. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia, Arantza iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. Na Editorial Galaxia publicou as exitosas novelas Sobrevivindo, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, e Beleza vermella. Director Xeral de Editorial Galaxia, Castro é un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor de Xeografías, A canción do náufrago, Memorial do infortunio; Xeración perdida; Un bosque cheo de faias; Spam; As palabras da néboa; O ceo dos afogados; Chamádeme Simbad; O segredo de Marco Polo; Tes ata as 10. A súa última novela é Tantos anos de silencio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email