Despois do grande éxito da primeira edición, a Escola de Letras, da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia, volve a abrir as súas portas ao alumnado este luns de xeito telemático.
Baixo a premisa de “todos temos unha historia que contar“, inaugura o comezo da Escola a escritora Inma López Silva co seu Obradoiro Literario, previsto para a cidade de Vigo, os días 15 e 22 de marzo; 12, 19 e 26 e abril; 3, 10 e 24 de maio. Con 15 alumnos por clase, a docente tamén impartirá outro curso, de maneira telemática, pensado para Pontevedra, durante oito sesións, os días 17 e 24 de marzo; 14, 21 e 28 de abril; 5, 12 e 19 de maio.
A Escola oferta un total de 6 cursos moi variados como son o Obradoiro de Poesía con Antonio García Teijeiro, o Obradoiro Literario con Anna R. Figueiredo: Escribir unha novela, o Obradoiro Literario con Diego Giráldez e o Obradoiro de Poesía con Elvira Ribeiro Tobío.
Ante a ampla demanda, todos os obradoiros están completos e con lista de agarda de 60 persoas. Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar, poden escibir a escoladeletras@editorialgalaxia.gal para entrar nas listas de agarda. En caso de haber algunha baixa, a Escola entraría en contacto con eles.