60 anos de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Categoría: Evento

Memorias dun neno labrego, a obra mestra de Xosé Neira Vilas, cumpriu 60 anos desde a súa publicación en Bos Aires e consolidouse como un clásico universal, ademais dun dos libros máis lidos e traducidos da historia literaria galega.
Para celebrar o aniversario, a Cidade da Cultura acolleu onte un acto conmemorativo sobre a figura do seu autor, Neira Vilas, e o seu personaxe “Balbino”, aquel mozo de aldea que narrou no seu caderno a realidade do rural galego e a problemática que enfrontaban os seus habitantes.
img-20210108-wa0000O acto foi inaugurado coa voz do cantautor Manoele de Felisa, que foi o encargado de poñerlle música á historia de “Balbino”. Contou coa intervención do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Antón Vidal Andión, presidente da Editorial Galaxia.
img-20210108-wa0057
Antón Vidal incidiu no feito de que Neira Vilas puxo aos galegos “de fronte a esa situación social” que se vivía nas aldeas. Unha realidade na que máis da metade da xente carecía de propiedades. Tamén destacou o labor do autor, afirmando que foi “un dos que máis se entregou a Galaxia” e unha figura coa que a editorial está “obrigada moralmente” a conservar e difundir.
Após a súa publicación na editorial ‘Follas Novas’ en 1961, Memorias dun neno labrego, contou con 35 edicións e máis de 700.000 exemplares. Foi traducida a preto de 17 idiomas como o alemán, o ruso, o sueco ou o esperanto.
A obra contou con numerosas adaptacións e iniciativas teatrais, audiovisuais musicais ou pictóricas que configuran o chamado ‘universo Balbino’.

img-20210108-wa0001

Comparte nas túas redes sociais ou por email