Polos vieiros da saudade

Ramón Otero Pedrayo

Nesta obra, Otero Pedrayo guíanos na súa viaxe a América, de 1947,

con paradas en Tui, O Porto, Lisboa, Río de Xaneiro, Montevideo e Buenos Aires, lugar de reencontro con Castelao e outros vellos amigos, e onde descobre outra Galicia, ben diferente da que acaba de deixar. Nesta obra, Otero ofrécenos parte do seu complexo pensamento, onde Galicia se converte en protagonista e no concepto principal, á vez que se albisca o carácter precursos do autor con respecto ás principais correntes de pensamento da época.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 352
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 16/11/2020
  • Colección : Biblioteca Nós
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-483-1
  • Edición :
  • Nº na colección : 3
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

O cemiterio de barcosFrancisco Castro
Aura 1964Ignacio Vilar
Viches iso?José Arcas
Grial 230 VV.AA.

Otero Pedrayo, Ramón
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago. Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR