Editorial Galaxia participa na Feira do Libro de Vigo cunha ampla programación

Categoría: Nova

A Feira do Libro de Vigo celebrarase do 1 ao 7 de xullo na praza de Compostela, cun horario de 11 a 14 h e de 17 a 21 h.

Editorial Galaxia participará nesta nova edición cunha ampla programación de encontros, presentacións e sinaturas, que reunirán autoras, autores, profesionais da interpretación e persoas vinculadas ao mundo do libro.

Mércores 1 de xullo

19:15 h. Encontro con Iria Collazo

Encontro con Iria Collazo López arredor de “A muller de mentira”, obra gañadora do Premio García Barros 2026.

A autora estará acompañada por Marcos Calveiro, director xeral de Editorial Galaxia.

Xoves 2 de xullo

18 h. Sinatura con Alba Tomé

Sinatura con Alba Tomé, finalista do Premio Illa Nova, arredor de “As humidades”.

Na caseta da libraría Vigo de papel.

19 h. Sinatura con Loli Rodríguez

Sinatura con Loli Rodríguez arredor de “Nailía”.

Na caseta da libraría Librouro.

20:15 h. Encontro “Ler teatro: ‘O proceso. Apaga o cándil’”

Encontro arredor de “O proceso. Apaga o cándil”, Premio Follas Novas ao libro de teatro, coa participación do seu autor, Cándido Pazó, e dos actores Avelino González e Marcos Orsi.

Venres 3 de xullo

18 h. Sinatura arredor de “Sentinelas”

Sinatura con Andrés Castro e Alexandre Senande arredor de “Sentinelas da lúa carmesí”, “Sentinelas no limiar das tebras” e “Historias do Páramo”.

Na caseta da libraría A gata tola.

19 h. Sinatura con Arantza Portabales

Sinatura con Arantza Portabales arredor de “Asasinato no muíño do cura”.

Na caseta da libraría Librouro.

Sábado 4 de xullo

19 h. Encontro “Perpetuando a José Suárez”

Encontro con Olaia Sendón, autora de “Tras da mirada de José Suárez”, publicado na colección Xohán Ledo.

As persoas asistentes poderán converterse nas protagonistas dunha das icónicas imaxes do fotógrafo.

Na carpa 2.

19:45 h. Sinatura de “Odio”

Sinatura de exemplares de “Odio”, de Gabriel Romero de Ávila.

Na caseta da libraría Nobel Gran Vía.

Domingo 5 de xullo

11 h. Sinatura con Óscar Reboiras

Sinatura arredor de “A agonía das folerpas”, Premio de Novela Galicia Rural 2022.

Na caseta da libraría Vigo de papel.

12 h. Sinatura con Mara Méndez

Sinatura arredor de “Operación Morcego”.

Na caseta da libraría Cómics Vigo.

12:30 h. Sinatura con Silvia Fernández

Sinatura arredor de “O mar que me levou”.

Na caseta da libraría Cómics Vigo.

19 h. Presentación de “Nenapingüín”

Encontro arredor de “Nenapingüín”, VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2025, escrito por Daniel Landesa e ilustrado por Miki Momochi.

O autor estará acompañado pola escritora Ledicia Costas.

Na carpa 2.

Martes 7 de xullo

20 h. Presentación de “A lingua estranxeira”

Encontro con Brais Lamela arredor de “A lingua estranxeira”.

O autor estará acompañado por Marcos Calveiro, director xeral de Editorial Galaxia.

Agardámosvos na praza de Compostela para compartir unha semana de libros, conversas e encontros arredor da literatura galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email