LANDESA, DANIEL

NENAPINGUIN
LANDESA, DANIEL

(Barrio de Coia, Vigo, 1976). Filólogo de formación, traballa no campo da publicidade e da edición. Leva escribindo e impulsando proxectos literarios desde a súa época universitaria. É un dos fundadores do colectivo Poetas da Hostia, creadores dos recitais-combate A hostia en verso, o espectáculo Poxa de poetas. Vendo a miña alma e o exercicio de escrita en directo O seu poema, grazas. Como autor de poesía, publicou Gallaecia (2001), Da casa nova (2014) e Ningún paxaro exótico (2017). En narrativa é autor das novelas Penumbra (2019) e Caramomia (2024), escrita xunto con Hematocrítico, Ledicia Costas e María Lado. Tamén é coautor do álbum ilustrado Unha sorpresa para Goruk (2012), ilustrado por María Longa, un dos primeiros contos animados en galego. No eido da crítica, fundou a Revista Criaturas, hoxe cunha segunda vida dentro da Asociación Galega da Crítica, onde é parte do Consello Editorial.

As súas obras

NENAPINGÜÍN
Nenapinguin
13.15€ CON IVE