Nerea Pallares Vilar, gañadora do Premio García Barros 2025

O xurado escolle por unanimidade a obra presentada baixo o lema “Das arañas brancas”, ambientada en Camariñas, na Costa da Morte. Con grandes doses de entusiasmo e profundo convencemento de estaren ante unha proposta literaria “refrescante, poderosa, pousada e brillante”, os integrantes do xurado encargado de fallar o XXXVII Premio de Novela Manuel García Barros […]

Fallo do Premio Galaxia de Novela 75 Anos, en Vigo

O mércores 23 de abril, celebrarase, ás 11 h, na sede de Editorial Galaxia (Avenida de Madrid, 44), o fallo do Premio Galaxia de Novela 75 Aniversario, o galardón literario de maior dotación económica en Galicia. Na rolda, participarán Dolores Vilavedra, presidenta do xurado, Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia e Marcos Calveiro, director […]

O primeiro libro de Galaxia foi un canto á tradición oral galega

Tal día coma hoxe, un 16 de abril de 1951, publicábase Antífona da cantiga, o primeiro libro de Editorial Galaxia. En 1951, Ramón Cabanillas inauguraba o catálogo de Editorial Galaxia cunha obra fundamental: Antífona da cantiga, unha escolma de cantigas populares galegas que se editaría posteriormente co título Cancioneiro popular galego (1973). Trátase dunha selección […]

Presentación de “O tenro é o salvaxe”, na Coruña

O sábado 12 de abril, celebrarase, ás 12:30 h, na libraría Moito Conto da Coruña, a presentación de O tenro é o salvaxe, de Samuel L. París. Acompañando o autor, estará Tamara Andrés, directora da colección Dombate de Editorial Galaxia. Que queda e que se perde nas nosas vidas? Como se configuran as fronteiras entre o […]

Unha nova Biblioteca para celebrar 75 anos de compromiso coa cultura

Galaxia presentou a Biblioteca 75 aniversario, o xoves 10 de abril, ás 20 h, na sede do RC Celta, en Vigo O xoves 10 de abril, ás 20 horas, no Salón Rexio da sede do RC Celta en Vigo, celebrouse a presentación da Biblioteca 75 aniversario de Editorial Galaxia. No acto, interviron Dolores Vilavedra e […]