O mar como espello. Ciencia, imaxinación e compromiso nun novo libro de Galaxia: “Un mar de preguntas”, de Javier García Galdo, ilustrado por Roque Araújo.
Unha obra que nos convida a mirar de fronte ao océano, con curiosidade e coa conciencia de que o futuro do planeta tamén se decide nas augas que nos rodean.
Este volume reúne decenas de interrogantes como poden ser: que forza ten o mar? Para que serve unha balea? Que fai subir e baixar as mareas? ou cantas especies habitan nas profundidades?
Cada páxina está escrita cunha linguaxe clara e precisa que nos axuda a comprender mellor o noso entorno mariño.
A súa primeira presentación coincide cunha data simbólica: o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, instaurado polas Nacións Unidas para promover a protección dos ecosistemas e chamar á acción cidadá. Celebrarase ás 19:30 h, na sala Ámbito de El Corte Inglés de Santiago de Compostela. O autor estará acompañado por Xusto López Carril, xornalista e presentador do programa Mar de Ardora da TVG, e autor tamén do prólogo da obra.
O domingo 8 de xuño, celebrarase, ás 18:00 h, no Mercado de San Agustín da Coruña, cunha conversa entre o autor e Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores.
O martes 10 de xuño, inaugurarase na FNAC da Coruña unha exposición arredor da obra, que permanecerá aberta ao público ata o 30 de xuño. Un espazo onde as ilustracións de Roque Araújo e os contidos do libro dialogarán coas persoas visitantes nunha experiencia visual.
O venres 13 de xuño, ás 19:30 h, o encontro será no Museo de Historia Natural de Ferrol, nunha conversa entre Javier García Galdo e Joam Luis “Cesio” Ferreiro, biólogo mariño e exdelegado da Sociedade Galega de Historia Natural.
No mes de xullo, o sábado 19, ás 19:00 h, celebrarase un acto en Ribeira, no marco do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. No mesmo, o autor estará acompañado por Rogelio Santos Queiruga, pescador artesanal.
Proximamente informaremos de máis eventos.