Henrique Monteagudo, novo presidente da Real Academia Galega

A Real Academia Galega inicia unha nova etapa da man de Henrique Monteagudo (Muros, 1959), quen vén de ser elixido presidente pola unanimidade do seu pleno. O catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela e recoñecido estudoso da historia social da lingua galega, asume así a responsabilidade de guiar a institución nun […]

Presentación da novela gráfica “Rosalía oculta”, na Coruña

O sábado 5 de abril, celebrarase, ás 19 h, na libraría Galgo Azul da Coruña, a presentación de Rosalía oculta, Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, de Paula Mayor. Acompañando a autora, estará Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia. Editorial Galaxia publica Rosalía oculta, a novela gráfica de Paula Mayor, gañadora do Premio Castelao de Banda […]

7 libros de Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas do Libro Galego

7 libros de Editorial Galaxia son finalistas na décima edición dos prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025. Entre as obras seleccionadas de Galaxia, destacan: Premio á Obra de Ensaio e Investigación: Os inmigrantes imaxinados. A identidade galega na Arxentina (1780-1960), de Xosé M. Núñez Seixas. Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega […]

Galaxia estrea os seus primeiros audiolibros infantís

Editorial Galaxia dá un paso máis na súa aposta pola literatura galega abríndose ao mundo dos audiolibros infantís. Con esta nova colección, as crianzas poderán gozar de historias inesquecibles escoitando voces que farán voar a súa imaxinación. As primeiras obras escollidas para inaugurar esta iniciativa son Daniel no peirao, de Paula Carballeira, ilustrado por Eli […]

No pasamento de Xoán Bernárdez Vilar

Con fonda tristura recibimos a nova do pasamento de Xoán Bernárdez Vilar, autor e investigador, que deixa tras de si unha obra marcada pola paixón pola historia, a cultura e os relatos que constrúen a identidade dun pobo. Nado en Marín en 1936, desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade intelectual, tanto no […]

Entrega do Premio San Clemente a Antón Riveiro Coello, en Santiago de Compostela

O escritor Antón Riveiro Coello recollerá mañá, martes 25 de marzo, o Premio Literario San Clemente, na categoría de novela en galego, pola súa obra Hotel Carioca. O acto de entrega celebrarase no IES Rosalía de Castro de Santiago, ás 18 h. O galardón, decidido por un xurado único formado por alumnado de Bacharelato, recoñeceu […]