Iván Caloto gaña o VII Premio Vidal Bolaño

Categoría: Nova

Reunido o Xurado do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, formado por Celia Díaz Núñez, escritora e dramaturga; Nadia Geijo Domenech, actriz; Delio García Represas, profesor e coordinador dos Contratos programa de Teatro do ÍES Ribeiro do Louro; e Raquel Castro, como secretaria do xurado, o mércores 21 de maio de 2025 ás 17:30 h. na biblioteca do IES Ribeira do Louro decide declarar gañadora desta VIII edición a obra “Os rapaces só se tocan para darse de hostias” que unha vez aberta a plica, resultou ser da autoría de Iván Caloto.

O xurado destaca da peza a capacidade para afondar no miolo dos conflitos sociais e persoais; e na orixe dos prexuízos. Explora a necesidade de pertenza ao grupo que todos temos con personaxes verosímiles e recoñecibles.

Obra coral que nos ofrece moitas voces, con diálogos áxiles,  que axudan a configurar  o drama presentado.

Iván Fernández Diéguez gañou no 2023 o Premio Fin de Carreira de Ensinanzas Artísticas Superiores en Arte Dramática, na especialidade de Dirección escénica e dramaturxia, cursada na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
Está formado en  Terapia Gestalt, psicoterapia integrativa (SAT), teatro terapéutico, teatro social e terapia corporal.

Comparte nas túas redes sociais ou por email