Galaxia estrea un documental para celebrar os seus 75 anos de historia

Categoría: Nova

Este mes de xuño presentarase o documental Crear porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza audiovisual que percorre a historia da editorial desde a súa fundación en 1950 ata a actualidade.

O equipo de Galaxia tivo a oportunidade de visualizar hai uns días, na súa sede, a versión final; dirixido por Ana Viqueira e Diego Frey, e producido por nós TV, o documental inclúe entrevistas a figuras destacadas da cultura galega e ofrece unha ollada ás etapas clave dun proxecto editorial comprometido coa lingua, coa literatura e co país. Ten unha duración de 45 minutos, Crear porvir é tamén unha reflexión sobre o futuro.

Ao longo do documental repásanse os fitos máis significativos destes 75 anos de traxectoria e o papel central que xogou Galaxia na construción dunha cultura galega viva e plural.

Proximamente anunciaranse as datas e lugares das primeiras proxeccións.

Produción executiva: Rosabel Candal, Diego Frey e Editorial Galaxia

Dirección: Ana Viqueira e Diego Frey

Realización: Diego Frey, Martín Rodríguez e Roi Barros

Axudante realización: Manuel Expósito

Guión: Ana Viqueira e Diego Frey

Creación de textos para voz en off: Ana Viqueira

Edición e montaxe: Diego Frey e Martín Rodríguez

Dirección de fotografía: Roi Barros

Operadores de cámara e iluminación: Roi Barros, Martín Rodríguez e Diego Frey

Produción: Ana Viqueira

Axudante produción: Rosabel Candal

Deseño de grafismos e creatividades: Roi Barros

Documentación: Ana Viqueira

Axudantes do documental: Roi Ribeira e Cristina de la Torre

Entrevistas: Ana Viqueira

Arquivo: Alba Gil, Rosabel Candal e Ana Viqueira

Locución de voz en off: Chelo Díaz

Comparte nas túas redes sociais ou por email