O mércores 21 de maio, celebrarase, ás 12 h, na Sala de Exposicións Afundación de Ourense, a inauguración da exposición CREAR PORVIR. 75 aniversario Editorial Galaxia (1950-2025).
No acto, intervirán Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia; Santiago Camba, vicepresidente de Afundación; César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación de Ourense; e Malores Villanueva e Xosé Manuel Dasilva, comisaria e comisario da mostra.
Entrada libre ata completar a capacidade.
Estará dispoñible ata o 28 de xuño.