Galaxia presenta os seus contos en formato audiolibro, na Once

Esta tarde, nun xoves 8 de maio, celebramos, no Auditorio da sede Once, en Vigo, unha rolda de prensa arredor dos audiolibros publicados en Editorial Galaxia. No acto, participaron José Ángel Abraldes Rodeyro, director ONCE Centro de Recursos Educativos, Teresa Santamaría, directora e actriz de dobraxe, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia. José […]
“Un porquiño polo San Martiño”, de Macarena García Vicente e Iria Bermúdez Rozas, gaña a V edición do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Na Estrada, na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reuniuse o xurado para escoller a obra gañadora desta V edición do Premio de Álbum Ilustrado “Alberte Quiñoi”. O xurado estivo composto por Sandra Lodi, ilustradora e gañadora do premio na edición pasada coa obra Papóns, recoñecida tamén co Premio Follas Novas na […]
Rolda de prensa – Presentación de contos en formato audiolibro, na Once

O xoves 8 de maio, celebrarase, ás 16:30 h, no Auditorio da sede Once, en Vigo, unha rolda de prensa arredor dos audiolibros publicados en Editorial Galaxia. No acto, participarán José Ángel Abraldes Rodeyro, director ONCE Centro de Recursos Educativos, Teresa Santamaría, directora e actriz de dobraxe, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Galaxia. […]
Editorial Galaxia leva a súa proposta cultural á Feira do Libro de Bos Aires

Editorial Galaxia participou este mes na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, dentro da programación do stand de Galicia. O martes 29 de abril, ás 17:30 h, celebrouse na Sala Rodolfo Walsh a mesa redonda 75 anos despois. A vixencia de Castelao no s. XXI, coa participación de Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia […]
Onde florecen os libros: Editorial Galaxia na Feira do Libro de Santiago 2025

Do 3 ao 11 de maio, o Paseo Central da Alameda converterase, un ano máis, no corazón lector de Compostela. A Feira do Libro de Santiago é moito máis ca un encontro arredor dos libros: é un espazo onde medran as historias e florece a palabra. Desde Editorial Galaxia queremos convidarvos a unha programación que […]
Unha ollada ás raíces do conflito entre Israel e Palestina

Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, de Ilan Pappé, xa dispoñible en Galaxia. O historiador Ilan Pappé ofrece na Brevísima historia do conflito entre Israel e Palestina, traducida por Carlos Aymerich, unha análise clara e rigorosa das raíces coloniais dun dos conflitos máis longos e dolorosos do noso tempo. O autor desmonta os mitos […]
Editorial Galaxia, recoñecida nos Premios Follas Novas 2025 con dous galardóns para “Papóns” e “Ubasute”

É unha grande ledicia para Editorial Galaxia anunciar que fomos recoñecidos con dous premios nos prestixiosos Premios Follas Novas do Libro Galego 2025, un evento de referencia na nosa literatura. “Papóns”, de Sandra Lodi, foi premiado na categoría de Libro Ilustrado. Esta obra, que xa foi merecente do Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2024, […]
Galaxia achega novas voces e historias á Feira do Libro de Ferrol

Editorial Galaxia estará presente na Feira do Libro de Ferrol con dous actos destacados que celebran novas voces da nosa literatura. O venres 25 de abril, ás 19:30 h, celebrarase, unha sinatura con Ana Varela arredor de Runrún, na caseta da libraría Central Librera. O domingo 27 de abril, ás 12 h, na caseta da libraría […]