O vindeiro xoves 19 de xuño, ás 20:00 h, o cinema NUMAX de Santiago de Compostela acollerá a estrea do documental Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, unha peza audiovisual que percorre a traxectoria da editorial desde a súa fundación en 1950 até a actualidade.
O documental, dirixido por Ana Viqueira e Diego Frey e producido por nós TV, inclúe entrevistas a figuras destacadas da cultura galega e propón unha ollada profunda ás etapas máis significativas dun proxecto editorial comprometido coa lingua, coa literatura e coa sociedade galega. Alén de reconstruír os fitos clave destes 75 anos de historia, Crear Porvir é tamén unha reflexión sobre o futuro, sobre o papel da cultura e da edición no porvir de Galicia.
Podedes ver o tráiler premendo aquí.
A peza ten unha duración de 52 minutos e poderá verse de balde até completar aforo.
As prazas son limitadas e será necesario reservar butaca na páxina de NUMAX:
https://numax.org/cinema/ficha/crear-porvir
FICHA TÉCNICA
Dirección: Ana Viqueira e Diego Frey
Produción executiva: Rosabel Candal, Diego Frey e Editorial Galaxia
Realización: Diego Frey, Martín Rodríguez e Roi Barros
Axudante de realización: Manuel Expósito
Guión: Ana Viqueira e Diego Frey
Textos de voz en off: Ana Viqueira
Edición e montaxe: Diego Frey e Martín Rodríguez
Dirección de fotografía: Roi Barros
Cámara e iluminación: Roi Barros, Martín Rodríguez e Diego Frey
Produción: Ana Viqueira
Axudantía de produción: Rosabel Candal
Deseño gráfico e creatividades: Roi Barros
Documentación: Ana Viqueira
Axudantes do documental: Roi Ribeira e Cristina de la Torre
Arquivo: Alba Gil, Rosabel Candal e Ana Viqueira
Entrevistas: Ana Viqueira
Locución: Chelo Díaz
Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia comeza así o seu percorrido público. Nas vindeiras semanas anunciaranse novas datas e localidades onde poderá verse esta produción, chamada a converterse nunha testemuña imprescindible da historia recente da cultura galega.