Castelao sempre vixente

Categoría: Nova

No marco do Ano Castelao 2025, desde Editorial Galaxia reafirmamos o noso compromiso coa difusión e estudo da obra dun dos grandes referentes da nosa historia cultural e política. Castelao continúa a ser unha voz necesaria, un alicerce de pensamento para o presente e o futuro.

Compartimor unha imaxe do escaparate libraría Trama de Lugo, un espazo especialmente dedicado á súa figura. Inclúen títulos esenciais como Sempre en Galiza, Galicia mártir, Os dous de sempre ou a icónica colección de Cousas, xunto con novidades editoriais publicadas neste ano conmemorativo.

Un conxunto de publicacións que permiten achegarse a Castelao desde múltiples perspectivas: a política, a artística, a ensaística, a histórica. Un convite á lectura, á reflexión e ao coñecemento dunha figura imprescindible.

Castelao sempre vixente. Porque o seu legado segue a interpelarnos hoxe.

Comparte nas túas redes sociais ou por email