Romper o silencio, abrazar a igualdade

Hoxe, luns 25 de novembro, sumámonos á loita contra a violencia de xénero e lembramos a todas as mulleres que xa non están, e a todas aquelas persoas que sufren esta ferida que atravesa culturas, xeracións e comunidades. Necesitamos seguir loitando en favor dun mundo mellor, onde a igualdade e o respecto sexan a base […]
Antón Blanco Casás, gaña o XVI Premio de Poesía Victoriano Taibo con “Bosque”

Bosque, de Antón Blanco Casás, foi a obra gañadora do XVI Premio de Poesía Victoriano Taibo de Gondomar. Reunido o xurado do XVI premio de Poesía Victoriano Taibo, que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, integrado pola filóloga e tradutora Emma Lázare, en representación do […]
Galaxia recibe a visita da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Esta semana recibimos nas instalacións de Editorial Galaxia a visita do Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García Gómez. Mantiveron un encontro co equipo directivo da editorial, no que participaron Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, Xosé Manuel Soutullo, director xeral, Manuel Puga […]
“As flores do baleiro”, o novo poemario de Medos Romero

Publicado na colección Dombate, As flores do baleiro, é o debut de Medos Romero na Editorial Galaxia. Este poemario é un pranto contido diante dunha inmensa traxedia humana, un testemuño poético e persoal desde o ventre da pandemia, a dor en extrema soidade. Tamén é a fraxilidade do ser humano, o seu egoísmo e a […]
A historia cultural da gastronomía galega

Galaxia publica na colección Ensaio Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega, de Xavier Castro Pérez, con epílogo de Xesús Alonso Montero. Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, […]
“Baixo o ceo de xeo”, VIII Premio Illa Nova de Narrativa

Publicado na colección Literaria, Baixo o ceo de xeo, de Adrián Pérez Bote, consta de dúas historias entrelazadas que nos levan a algunhas preguntas atemporais: Cal é a orixe das nosas crenzas? Como de firmes son? Por que paga a pena loitar, e a que prezo? A aldea de Eled é unha faísca que, durante eóns, […]
Convócase o V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

Primeira Poderán optar ao V Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, que convoca o Concello da Estrada co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, todas as obras ilustradas de tema libre, inéditas en calquera medio ou soporte, dirixidas ao público infantil. Neste sentido, enténdese […]
Convócase o XXXVII Premio de Novela “Manuel García Barros”

O Excmo. Concello da Estrada, sensible co proceso cultural de Galicia, entende que un dos bens máis prezados desta Comunidade é o da creación literaria, aspecto de salientable significación no marco da Lingua e da Cultura, que redunda nun amplo desenvolvemento da propia identidade. Neste marco de referencia enténdese que calquera estímulo positivo facilita e […]