O novo libro de Arantza Portabales xa está dispoñible en prevenda!

Hoxe comeza a prevenda do novo libro de Arantza Portabales, Asasinato na casa rosa, cun 5% de desconto! Estará dispoñible ata o 21 de xaneiro de 2025, a un PVP de 19,86 €.  Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, inicia unha nova serie, Os crimes de Loeiro, protagonizada por Santaclara & Araújo. A […]

Presentación de “Ben mantidos”, en Ourense

O martes 10 de decembro, celebrarase, ás 19:30 h, no Liceo de Ourense, a presentación de Ben mantidos. Historia cultural da gastronomía galega, de Xavier Castro Pérez. Acompañando o autor, estará o xornalista Alexandre Outeiriño Míguez. Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos, publicado na colección Ensaio, […]

“Axudádeme a cantar”, un espectáculo das cantareiras

Felisa Segade e Montse Rivera (fundadoras de Leilía, primeiro grupo que dá protagonismo á voz e á pandeireta nun escenario) afondarán neste espectáculo de canto, enfocado á campaña escolar, palabra e toque, no porqué destas cantigas, a súa creación, os momentos en que se cantaban, o papel que xogaban no día a día das nosas […]

Presentación arredor de “Economía e poesía: Rimas internas”, en Santiago de Compostela

O mércores 4 de decembro, celebrarase, ás 18:30 h, na Fundación Eugenio Granell, a presentación de Economía e poesía: Rimas internas, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2024, de Yolanda Castaño. Acompañando a autora, estará Lucía Aldao, poeta. Economía e Poesía: Rimas internas establece un diálogo complexo, cheo de luces e sombras, que interpela a colectivos, institucións, […]

“As benfaladas” é o novo libro de María Xosé Porteiro

Esta obra, escrita en clave feminista por María Xosé Porteiro, comeza cun prólogo de Priscila Retamozo, politóloga. Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas, publicado na colección Feminismos de Editorial Galaxia, reflexiónase […]

Galaxia estará no Culturgal 2024: Literatura no corazón de Pontevedra

A literatura galega brilla esta fin de semana! Do 29 de novembro ao 1 de decembro, Editorial Galaxia estará presente no Culturgal 2024, un dos maiores encontros do ano da cultura galega, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra. A nosa programación inclúe presentacións literarias que conectan lectores con autores, historias e reflexións. […]

Galaxia publica “Sábeme a salamántiga o ceo da boca”, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2023

Publicado na colección Literaria, chega ao catálogo da editorial Sábeme a salamántiga o ceo da boca, XXXV Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2023, de César Cequeliños. Ano 1905. A estraña parella composta por Ícaro Añón, mozo xornalista afincado en Lisboa, e Madame Dax, especialista estadounidense do oculto, encaran un misterio que enfronta o […]