María Pilar Casal Valiño gaña o XXIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con “Ser humanos”

Na cidade de Santiago de Compostela, hoxe, reunido o xurado da XXIV edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, no Centro Ramón Piñeiro, convocado pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega, decidiuse por unanimidade outorgar o galardón á obra titulada “Ser humanos”, de María […]
O VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro recae en Óscar Reboiras

Unha trintena de textos concorreron á sétima edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. A distinción recae neste 2024 en Cando o mundo é azul, da autoría de Óscar Reboiras Loureiro. Marcos Calveiro, director de edicións de Galaxia; Pilar Sampedro, vogal da A. C. Barbantia; e José Luis Baños, gañador da sexta edición, conformaron […]
Este Nadal, regala historias que deixan pegada

En Editorial Galaxia, podes atopar novidades literarias ideais para sorprender aos teus seres queridos nestas festas. Mostra disto son catro catro obras únicas que combinan aventura, emoción e reflexión, perfectas para pequenos e maiores: “O pequeno libro da intrépida Éire”, de Juáncho. Publicada na colección Xohán Ledo. Unha historia máxica, ateigada de fermosas ilustracións, onde […]
Editorial Galaxia no ano de Luísa Villalta

Editorial Galaxia pecha o ano de Luísa Villalta con dúas publicacións que xa están dispoñibles no noso catálogo: NARRATIVA INÉDITA E DISPERSA, con limiar de Daniel Chapela, e POESÍA INÉDITA E DISPERSA, en edición de Pilar Pallarés e Miguel Mato. Narrativa inédita e dispersa, agrúpase arredor de cinco bloques: “Preludios e fugas”, “Cartas de amor”, […]
Homenaxe a Alfonso Zulueta, en Vigo

O mércores 18 de decembro celebrarase, ás 19 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura, de Vigo, sede da Fundación Penzol, un acto de homenaxe a ALFONSO ZULUETA DE HAZ con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No transcurso do acto presen- tarase o libro Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida, […]
Saborea a cociña galega cos libros de receitas de Galaxia

Na editorial Galaxia, sabemos que a cociña é moito máis que poñerse diante dos fogóns. É tradición, innovación e unha maneira de reunirnos arredor da mesa. En definitiva, cultura. Por iso, seleccionamos unha serie de libros únicos que vos permitirán descubrir novas receitas, afondar nos sabores da nosa terra e gozar da gastronomía, en galego. […]
Babelia destaca “Ubasute” e “O teu perfil na miña sombra”, entre os mellores do 2024

A prestixiosa revista Babelia de El País, destaca as obras Ubasute, da Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 por As alumnas, Paula Carballeira, e O teu perfil na miña sombra, de Rexina Vega, Cunqueiriana de Honra. UBASUTE fai referencia no título ao termo xaponés que significa literalmente “abandono dunha anciá”, o presunto costume de deixar nunha […]
Presentación de “As receitas de A voltas co prato”, en Bueu

O luns 16 de decembro, celebrarase, ás 19 h, Biblioteca Municipal Gonzalo Torrente Ballester de Bueu, a presentación de As receitas de a voltas co prato. No acto, participará a cociñeira do programa Merchi Rodal, e María Pereira Otero, directora de Merlín Comunicación. Colabora a libraría Miranda. As receitas de A voltas co prato foi xurdindo arredor […]