Presentación de “Vilapaspán” na libraría Paz

Categoría: Blog

O venres 14 de febreiro, ás 19:30 h, a libraría Paz de Pontevedra acolle a presentación de “Vilapaspán”, de Rodrigo Cota e Fernando Tomé.

Unha historia que mestura fantasía e realidade para invitarnos a reflexionar sobre unha sociedade peculiar. Publicado na colección Banda Deseñada, está adobiada por unhas ilustracións impactantes e unha narrativa sorprendente que atrapa.

Se buscades unha historia diferente para os máis pequenos, con humor e imaxinación, agardámoste!

Comparte nas túas redes sociais ou por email