Chega aos nosos almacéns A investigación educativa en Galicia (2015-2024). Publicada na colección Ensaio, en edición de Miguel Anxo Santos Rego, esta é unha obra clave para entender a evolución da investigación educativa na última década.
Analizar cada dez anos o estado da educación en Galicia, ademais dun balance, é unha oportunidade para coñecer mellor como inflúen as ideas e os proxectos na formación do profesorado e, en consecuencia, na cidadanía do futuro. Este volume ofrece unha visión actualizada e crítica sobre un ámbito fundamental para o progreso social.
Porque sen avaliación non hai progreso, este libro é unha lectura imprescindible para quen queira comprender e avanzar na senda da educación.
Esta semana chegará a todas as librarías.