75 anos sen Castelao, o reflexo dun pobo

Tal día coma hoxe, un 7 de xaneiro de 1950, morría, en Bos Aires, na quinta provincia galega, o escritor, pintor e político Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Un referente cultural e unha das figuras máis representativas do nacionalismo galego. Foi presidente do Consello de Galicia no exilio e un firme defensor da identidade e a […]
A maxia das nosas historias

Nestas datas nas que agardamos a chegada dos Reis Magos, non perdamos a oportunidade de pedirlle como agasallo historias que nos acompañen durante todo o ano. Deixámosvos algunhas ideas para incluír nas vosas listaxes de desexos: “O pequeno libro da intrépida Éire”, de Juáncho. Publicada na colección Xohán Ledo. Unha historia máxica, ateigada de fermosas ilustracións, […]
Fernando García Calderón gaña o III Premio de Novela Camiño de Santiago con “Argonautas no labirinto”

Reunido en Santiago de Compostela o xurado do III Premio de Novela Camiño de Santiago, que convoca a Academia Xacobea, e logo dunha ampla deliberación, resultou gañadora a obra “Argonautas no labirinto” do escritor Fernando García Calderón. O xurado, formado por Marcelino Agís Villaverde, como presidente, Armando Requeixo Cuba, Ulises Bértolo, Luis Celeiro e Alba […]
Editorial Galaxia, premio Trasalba 2025

A comisión de goberno da Fundación Otero Pedrayo acordou, por unanimidade, outorgar o Premio Trasalba 2025 á Editorial Galaxia, que este ano celebrará o 75 aniversario da súa fundación. O galardón recoñoce todo o que ten significado na promoción da cultura e da lingua galega, así como o papel que desenvolveu no renacer cultural e […]
No pasamento de Francisco Domínguez

Deixounos Francisco Domínquez, ex director da Fundación Penzol, quen fora dirixente do Partido Galego Social Demócrata e posteriormente do Partido Galeguista. Nado en Ribeira (O Barbanza) en 1944, e finado en Vigo, o 31 de decembro de 2024, foi un galeguista convencido e de corazón; incorporouse ao movemento no ano 1965, da man de Xaime […]
Felices festas de parte de todo o equipo de Galaxia!

Desde o equipo de Galaxia, desexámosvos unhas felices festas cheas de lecturas apaixonantes e soños por cumprir. Que o novo ano veña cargado de cultura, historias que nos emocionen e proxectos que alimenten a imaxinación. Grazas por compartir connosco o amor polos libros e as palabras. Boas festas e feliz aninovo!
Un ano para celebrar e compartir novas historias

Desde Editorial Galaxia queremos desexarvos o mellor para este 2025, un ano moi especial en que conmemoramos o noso 75 aniversario con espectáculos, actividades e moitas sorpresas. Que este novo ano veña cargado de saúde, ilusión e boas lecturas. O tarxetón rende homenanxe ás protagonistas no Día das Letras Galegas deste ano, as Cantareiras. Quixemos […]
María Pilar Casal Valiño gaña o XXIV Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con “Ser humanos”

Na cidade de Santiago de Compostela, hoxe, reunido o xurado da XXIV edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, no Centro Ramón Piñeiro, convocado pola Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia, co patrocinio de Caixa Rural Galega, decidiuse por unanimidade outorgar o galardón á obra titulada “Ser humanos”, de María […]