Hoxe lembramos ao capitán Nemo

Categoría: Nova

Tal día coma hoxe, un 18 de febreiro de 1868, o Nautilus entrou na ría de Vigo, un episodio inmortalizado por Jules Verne en 20.000 leguas baixo dos mares. Cento cincuenta anos despois, a Editorial Galaxia escolleu precisamente esta obra para abrir a súa colección de Lectura Fácil, un proxecto pioneiro en galego que busca eliminar barreiras no acceso á lectura.

Unha iniciativa realizada co obxectivo de achegar a literatura a todas as persoas, especialmente aquelas con dificultades de comprensión lectora, diversidade intelectual ou escaso dominio da lingua. Un esforzo por facer da lectura unha experiencia inclusiva, permitindo que máis xente poida gozar do imaxinario de Verne e do seu amor polo mar, ao tempo que se fortalece o vínculo coa lingua e coa cultura galega.

Hoxe lembramos ese día, cando o submarino do capitán Nemo ingresou na ría viguesa para rescatar os tesouros da batalla de Rande.

Comparte nas túas redes sociais ou por email