O mércores 26 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na Biblioteca da EMAO, en Vigo, a presentación de Bibiano. Cambiar para ser un mesmo, de Carlos Rego.
Acompañando o autor, estarán Fernando Franco, escritor e xornalista, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
CARLOS REGO (Ourense, 1965) combinou dende moi cedo as cancións (en grupos como Cosecha Roja e Burgas Beat, actualmente en Tesouro), cunha carreira paralela no mundo do xornalismo musical.
Durante os anos oitenta e noventa colaborou na edición ourensá de La Voz de Galicia, en xornais gra- tuítos como 32 Pistas e fanzines como Otoño Cheyenne e 18 Rodas. Tras pasar por Nordesía, suplemento cultural do Diario de Ferrol, recensionou discos nas páxinas de Tempos Novos. É colaborador habitual de Ruta 66 desde 2004, e de Cuadernos Efe Eme desde 2022.
Publicou Nuevo Rock Americano, años 80 (2010), Derribos Arias. Licencia para aberrar (2015) e Magín Blanco. O camiño da luz (2019).