Conferencia: “O Consello de Galiza, Goberno galego no exilio”, en Vigo

O 22 de xaneiro de 2025, ás 19:30 h, no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura, en Vigo, coincidindo co inicio das actividades do Ano Castelao, que conmemora o 75 aniversario da súa morte, ocorrida en Buenos Aires o 7 de xaneiro de 1950, a Fundación Penzol organiza unha conferencia de Ramón Villares, […]

12 títulos de Galaxia son finalistas nos Premios Follas Novas

Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2025 celebran a súa décima edición destacando, na súa primeira selección, 12 títulos de Galaxia, en diferentes categorías.  Entre as obras seleccionadas de Galaxia, destacan: Na categoría de Ensaio e investigación, Os inmigrantes imaxinados. A identidade galega na Arxentina (1780-1960), de Xosé M. Núñez Seixas. Este libro aborda […]

Inauguramos o programa “Crear Porvir. 75 Aniversario Editorial Galaxia”, en Vigo

Esta mañá,durante o venres 17 de xaneiro de 2025, celebramos o acto de presentación do programa de actividades do LXXV aniversario de Editorial Galaxia (1950-2025), que, baixo o lema “Crear porvir”, tivo lugar, no hotel Ciudad de Vigo, Salón Vigo City Sky. Na xuntanza, compartimos os detalles das accións e iniciativas que desenvolveremos ao longo […]

Xa está dispoñible o primeiro capítulo do novo libro de Arantza Portabales!

A partir de hoxe, podedes gozar dun adianto exclusivo de Asasinato na casa rosa, a nova obra de Arantza Portabales, dispoñible na nosa páxina web. Esta novela, a sétima publicación da autora con Editorial Galaxia, chega cargada de intriga, emocións e unha narrativa que só Portabales sabe tecer. Tras a espectacular acollida das súas anteriores […]

Editorial Galaxia anuncia novas reimpresións do seu catálogo

É un pracer para Editorial Galaxia anunciar a reimpresión de catro títulos destacados, que continúan a conquistar novas lectoras e lectores: Na colección Árbore, Dormente, de Raquel Castro, ilustrada por Laura Veleiro, acada a 7ª reimpresión. Lectura recomendada a partir dos 12 anos, neste libro hai unha princesa… mais, estará durmida? Será que non quere […]

Xoán Rubia regresa cun retrato íntimo da Galicia rural

Xoán Rubia recolle, en O practicante rural, o día a día, as relacións humanas e os desafíos dunha sociedade en transformación. Baseada na súa experiencia persoal, e cun limiar de Antonio Campos Romay, a novela explora temas universais como a solidariedade, a resistencia e a esperanza. Pon o foco na importancia das relacións humanas e […]