As novidades de distribución de Galaxia

Editorial Galaxia vén de distribuír sete novas publicacións, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, Fim. Unha historia do intercéltico, de Anna R. Figueiredo, Memorias dun proscrito, de Manuel Coto Chan; coa colaboración da Deputación de Ourense, Castromao, de Francisco Fariña Busto e Luis Orero Grandal, Barreiros. Historia completa, de Manuel Lage; en colaboración coa Real […]
Galaxia publica “Bibiano. Cambiar para ser un mesmo”

Publicado na colección Reportaxe de Editorial Galaxia, Bibiano. Cambiar para ser un mesmo, da man de Carlos Rego, busca rescatar do esquecemento o Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor e organizador de concertos e produtos culturais que pola súa obra musical, e indagar na […]
A Editorial Galaxia, Cunqueiriana de Honra 2025

O Concello de Mondoñedo e a Casa Museo Álvaro Cunqueiro entregarán o venres 28 de febreiro a distinción de Cunqueiriana de Honra 2025 a Editorial Galaxia. Será nun acto ao mediodía no salón de plenos con laudatio a cargo de César Cunqueiro, fillo do ilustre mindoniense. Os actos de conmemoración do cabodano de Cunqueiro comezarán ás 11:00h no Cemiterio […]
Galaxia publica “Carlos Núñez. O comunista que non foi gaiteiro”

Carlos Núñez. O comunista que non foi gaiteiro, de Perfecto Conde, con prólogo do catedrático Xesús Alonso Montero, é unha obra, publicada na colección Memoria, que afonda na loita antifranquista. O protagonista do libro, figura na memoria de moita xente, e nalgúns libros de Historia, como un esforzado militante comunista, nomeadamente nos anos do franquismo […]
Unha carta de amor ao Vigo industrial e combatente

Descobre “Son coma glaciares os barcos de aceiro”, a primeira novela de Cynthia Menéndez, publicada na colección Literaria Ronsel de Editorial Galaxia. Unha homenaxe ao Vigo industrial e loitador, vista a través dos ollos dun neno que medra entre manifestacións e folgas sindicais a finais dos anos noventa. Menéndez constrúe unha narrativa precisa, onde cada […]
Sempre en Galiza, sempre con nós

Para celebrar o Ano Castelao, publicamos unha reedición de Sempre en Galiza. Coincidindo co día do nacemento de Castelao e tamén Día da Ilustración, dedicado a quen foi mestre da palabra e da imaxe, en Editorial Galaxia anunciamos a chegada do libro máis célebre do escritor de Rianxo, obra que segue a ser faro e […]
Unha figura de bronce lembra dende hoxe a Domingo Villar na Alameda de Vigo

Hoxe Vigo rende homenaxe a Domingo Villar, unha das voces máis queridas da nosa literatura, coa inauguración dunha estatua na Alameda. A escultura, obra de Pedro Dobao, convida a sentar a carón do escritor e a compartir con el ese Vigo literario que soubo retratar coma ninguén. En Editorial Galaxia sentimos un inmenso orgullo de […]
“Historia cultural da gastronomía galega”, no Club Faro de Vigo

O mércores 29 de xaneiro, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, unha conversa que leva por título “Historia cultural da gastronomía galega”, arredor do libro “Ben mantidos“, de Xavier Castro, organizada polo Club Faro de Vigo. Acompañando o autor, estarán Xesús Alonso Montero, catedrático e autor do limiar; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial […]